O Lugar No Que Eu Repouse

from by Shit Pony

/
  • Streaming + Download

     

lyrics

Vou canso xa de todo
O que sei ou que sabía
Vou canso xa de todo
O que vexo día a día
Os erros cometidos
Vivindo a contrafío
Leváronme a perder
O que dera por perdido

Deixa un bico no espello que arda pola noite
E cuspe enriba do lugar no que eu repouse

Por morto xa me deron
E eu me vexo desde enriba
A catro ou cinco metros
Da miña propia vida
E sinto como ela
Anoitece en cada óso
Entre a néboa de Monforte
A fumadora de opio

Deixa un bico no espello que arda pola noite
E cuspe enriba do lugar no que eu repouse

credits

from Cantares, released May 18, 2011

tags

license

about

Shit Pony Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact Shit Pony

Streaming and
Download help