Eu non quero un hamster, un coello nin un can
Non me vale un agasallo que fagas ti a man
Non me sexas miserento e presta atención
Ter un poni é a miña única ambición
Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!
Poni! Poni! Poni ou morte!
Xa teño escollido o nome!
Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!
Non quero bonecas nin vinilos dos Spits
Lámpadas de lava nin trangalladas así
Lencería, armas, droga ou xoguetes sexuais
Quero un cabaliño poni, non se fale máis!
Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!
Poni! Poni! Poni ou morte!
Xa lle teño feita a corte!
Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!
Todas as miñas amigas devecen por un
Han morrer coa envexa, e que lles dean polo cú
Hei ter ou meu poni ou ídelo lamentar
Ata que mo traian vou deixar de respirar
Imprescindible. Un dato pouco coñecido sobre Shit Pony é que a primeira fotografía na que coincidiron Alex KoploBitch e Snob Megalove foi tomada nun concerto de Juanita y los Feos en marzo do 2007. Shit Pony
Velaí o kilómetro cero do Galician Bizarre. "Te Voy A Taladrar" foi o himno dos comezos do movemento, e inspirou o nacemento de Creativos Cero, o primeiro proxecto musical conxunto de Ale e Snob. Shit Pony
Potentados do PostPunk. A idea de montarmos unha banda xuntos xestouse logo do debut en vivo dos nosos amigos e ídolos, os Teléfonos. E o seu guitarrista, Matitas Auch, foi o terceiro Creativo Cero. Shit Pony