Vou canso xa de todo
O que sei ou que sabía
Vou canso xa de todo
O que vexo día a día
Os erros cometidos
Vivindo a contrafío
Leváronme a perder
O que dera por perdido
Deixa un bico no espello que arda pola noite
E cuspe enriba do lugar no que eu repouse
Por morto xa me deron
E eu me vexo desde enriba
A catro ou cinco metros
Da miña propia vida
E sinto como ela
Anoitece en cada óso
Entre a néboa de Monforte
A fumadora de opio
Deixa un bico no espello que arda pola noite
E cuspe enriba do lugar no que eu repouse
Imprescindible. Un dato pouco coñecido sobre Shit Pony é que a primeira fotografía na que coincidiron Alex KoploBitch e Snob Megalove foi tomada nun concerto de Juanita y los Feos en marzo do 2007. Shit Pony
Velaí o kilómetro cero do Galician Bizarre. "Te Voy A Taladrar" foi o himno dos comezos do movemento, e inspirou o nacemento de Creativos Cero, o primeiro proxecto musical conxunto de Ale e Snob. Shit Pony
Potentados do PostPunk. A idea de montarmos unha banda xuntos xestouse logo do debut en vivo dos nosos amigos e ídolos, os Teléfonos. E o seu guitarrista, Matitas Auch, foi o terceiro Creativo Cero. Shit Pony