Cantares

by Shit Pony

/
  •  

1.
2.
3.
02:33

about

SHIT PONY somos Snob Megalove e Alex Koplobitch, un dúo compostelán de BubblegumGaragePowerPopPunk. O noso animal favorito é o panda vermello. Os dous cantamos e non sabemos tocar instrumento ningún, así que para crearmos os nosos hit singles en Mp3 botamos man de calquera amigo músico que se poña voluntario. Dende aquí un soberano agradecemento a todos eles, e a ti tamén por desfrutares dos nosos sons sunormais!

credits

released May 18, 2011

Distorsión: Ser Jordi Lannister
Maquinillo: Leom Silveiras
Ouveos: Ale & Snob ♥

tags

license

feeds

feeds for this album, this artist

about

Shit Pony Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact Shit Pony

Streaming and
Download help

Track Name: O Lugar No Que Eu Repouse
Vou canso xa de todo
O que sei ou que sabía
Vou canso xa de todo
O que vexo día a día
Os erros cometidos
Vivindo a contrafío
Leváronme a perder
O que dera por perdido

Deixa un bico no espello que arda pola noite
E cuspe enriba do lugar no que eu repouse

Por morto xa me deron
E eu me vexo desde enriba
A catro ou cinco metros
Da miña propia vida
E sinto como ela
Anoitece en cada óso
Entre a néboa de Monforte
A fumadora de opio

Deixa un bico no espello que arda pola noite
E cuspe enriba do lugar no que eu repouse
Track Name: Poni (ou Morte)
Eu non quero un hamster, un coello nin un can
Non me vale un agasallo que fagas ti a man
Non me sexas miserento e presta atención
Ter un poni é a miña única ambición

Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!
Poni! Poni! Poni ou morte!
Xa teño escollido o nome!
Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!

Non quero bonecas nin vinilos dos Spits
Lámpadas de lava nin trangalladas así
Lencería, armas, droga ou xoguetes sexuais
Quero un cabaliño poni, non se fale máis!

Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!
Poni! Poni! Poni ou morte!
Xa lle teño feita a corte!
Poni! Poni! Poni! Poni ou morte!

Todas as miñas amigas devecen por un
Han morrer coa envexa, e que lles dean polo cú
Hei ter ou meu poni ou ídelo lamentar
Ata que mo traian vou deixar de respirar
Track Name: Dagon
Teño unha moza
Eu teño unha moza
Que naceu nun povo
Que se chama Emboca
Anda nunha secta
Fai cousas estrañas
A veces eu penso
Que non é ben dada

Íspese e vai para o mar
Mergúllase ao caer o sol
Ela ofrece o seu corpo
Ao monstro mariño chamado Dagón

Ela ofrece o seu ventre a Dagón
Ela ofrece o seu sexo a Dagón

Teño unha moza
Eu teño unha moza
Que ten cara de peixe
E ollos de tola
Non ten celulite
Pero ten escamas
Ponse moi cachonda
Cando vai á praia

Íspese e vai para o mar
Mergúllase ao caer o sol
Ela ofrece o seu corpo
Ao monstro mariño chamado Dagón

Ela ofrece o seu ventre a Dagón
Ela ofrece o seu sexo a Dagón

Othra! Chtnatu shumath, phi la ghesiath
Nhebro gash nutbhe somhasiet, nebbe sazed 'oc
Asson Ythrappedda!
Cthulhu hagnar ïebo!
Ennu tse zhoma Cthon!
Zhodhrach xeth sosso
Thoonagg he'ez devo
Ynopht, Yhshohmm
Iä! Neemhbuzh jassem 'ah Uhuädzh!